Moi ben, aínda que non teño moitas máis fotografías que xuntar as xa enviadas e visto a miña incapacidade temporal para adicarme as prácticas sendeiristas ata que o meu xeonllo recupere a súa impresionante musculatura habitual, propóñovos colgar, a volta das vacacións, un "caderno de bitácora" das viaxes que ben sei que moitos de vós (e de nós) imos facer ou estamos facendo xa. Así que coma eu non son moi dado ao deseño de páxinas webs, pídolle aos expertos Adela e Jose Luís que deseñen un modelo de páxina para poder vocar os relatorios das nosas andanzas polo mundo adiante.
A nós (familias Rodríguez-Álvarez e González-Martín) fáltanos apenas 3 días escasos para partir a Terras Gabachas. A volta daremos cumprida nota dos acontecementos, de seguro extraordinarios, que nos irán acontecer.
Bicos + azos para todos e todas ( tamén para os de máis alá do Charco). À bientôt
O Nando
No hay comentarios:
Publicar un comentario