jueves, 23 de octubre de 2008

Sábado 25, magosto popular

Según anuncia Rafa "Contador", o vindeiro día 25 a Asociación Veciñal de Matamá organiza un magosto popular que inclúe varias actividades. De seguido xunto a programación tal e como a envía Rafa:

16 horas ... MUSICANDAINA. Sendeirismo para nenos. Trátase dun percorrido
por Matamá. Polo camiño actuará Paula Gozalo (contacontos) e o home orquestra
Ce Orquestra Pantasma). Itinerario:
Torreiro-Pazo- Souto Vello-Abilleira-Lama de Moó-Camiño vello de Moó-Presa
Nova do Pazo-As Almuiñas-O Torreiro
18:30 UNHA DE PIRATAS: Espectáculo de animación para nenos
a cargo da compañía TROULA
19:30...Reparto de castañas.
20:00...OBRADOIROS de cabazas do Samaín, confección de
instrumentos musicais e xogos tradicionais...

Logo completan programa con:

22h. Grupo Folk: Cipriano e mailo Can
23h: Serán Popular
00h Queimada
Vémonos o venres nas Palmeras e falamos do asunto.
Bicos

miércoles, 22 de octubre de 2008

PATOLAS; clube de sendeirismo do Manuel Antonio

Agardando pola próxima saída que penso ía organizar Antonio, inclúo esta información, especialmente para os pais/nais dos rapaces que acaban de ingresar no Manuel Antonio. Sabede que o centro dispón dunha actividade de sendeirismo denominada "PATOLAS", a través da que invitan aos membros da comunidade educativa e as súas familias e amigos a participar dela.
Xúntovos o enlace.
Bicos+azos

http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelantonio/actividades/clubdesenderismo/index.html

lunes, 13 de octubre de 2008

12-Outubro, Ruta do Sabugueiro


O pasado domingo parte dos Palmeiran@s fixemos a ruta do Sabugueiro polas abas de Rebordelo en Carballedo (Cotobade). O día acompañou, estivo morno e a ruta, un pouco curta xa para estes experimentados camiñantes, foi variada. Comezamos ao pé da praia fluvial de Carballedo no Almofrei e gabeamos por una corredoira humida e ben fermosa inzada de loureiros reais, carballos, castiñeiros, silvardeiras, acivros e fentos. Xa iamos ben provistos de bolsas para recoller unha fartura de castañas.
Logo pasamos a un ambiente máis rural con abondosas casonas señoriais de pedra, moitas abondonadas, que nos deixaron asombrados pola súa beleza. Seguimos subindo cara ao monte pasando ermitas e cultivos e descendemos por estrada ata o eido da igresa de San Martiño donde deixamos constancia da nosa presenza coa imaxe que ahí arriba nos deixa Esther. De volta (fíxose curta a andaina) paramos a comer na discutible praia fluvial de Pozo Negro as beiras do Almofrei (co fermoso que é o río...), unhas cerveciñas, comida frugal na área recreativa, e para os nosos sempre valentes rapaces, baños nas (imaxino que xélidas) augas do río. Misión cumplida. Xa aventa a que está a organizar Adela por terras Lucenses....Ayyyy!!!
Bicos

jueves, 9 de octubre de 2008

SENDEREANDO, páxina web de sendeiristas vigueses

Xuntovos o enlace desta agrupación de sendeiristas de Vigo. Coido que pode ser de interese para todos nós. Bicos
Nando

http://sendereando.es/

Ruta do Sabugueiro-Cotobade


Esta é a proposta de ruta para o día 12 de outubro (domingo). Trátase dunha ruta pola parroquia de Rebordelo, concello de Cotobade, realizada pola CMVM de Rebordelo, ben sinalizada, que xunta características etnográficas e medioambientais. É unha ruta curta de dúas horas de recorrido aproximado e sen dificultade. Ao termo da mesma podemos xantar un bo cocidiño ou caza alí mesmo. Xúntovos o tríptico elaborado pola comunidade de montes e facilitado por Antonio. Xa estamos algún apuntados. Compre que os indecisos vos decidades axiña por si temos que reserva-la comida.
Bicos+azos
Nando