lunes, 7 de julio de 2008

REMATAN AS “ROTAS PALMEIRANAS 07-08”

A noite de San Xoán os palmeiráns e as palmeiranas despedímonos entre sardiña, pan de millo, empanada, cantiga e gaiteirada; deica o mes de setembro no que comezaremos unha nova tempada.
Como mostra colgamos unhas cantas fotos do evento. Perdoade que non saiamos tod@s pero o fotógrafo tras beber e comer, adicouse ao cancioneiro.
Lembrades: As rotas comezaron no Magosto 07 de Barciademera (véxanse fotos) e despois fumos a Palencia (cólguense fotos, porfi).
E despois...e despois...tivemos que “ amamantar”, tamén en fin de semana e algunha ponte: actividades para aquí, actividades para alá, torneos multideporte, bailes, audicións, día de tal, día de cual, exames dos sextos e os esos, etc.
Os palmeiran@s cativos xa non son tan pequechos e teñen axendas moi apretadas, nonsi?
Ai, meus velliños palmeiran@s!
Como non espabilemos imos ser "tribo de cús sentados en tribuna", nós que eramos a envexa viguesa dos sendeiristas (ejem!!!) con ese estilo, esa forza…Sempre pensando: PODEMOS!!
Bueno, en fins, a ver se para o ano retomamos esas saídas de xornada única tan relaxantes.
Bicazos e BO VERÁN!!

No hay comentarios: