domingo, 3 de agosto de 2008

Os palmeirans en Madre de Dios(selva peruana)


Hoxe despois de 8 horas en 4x4 e dúas horas de camiño compartimos o día coa Comunidade nativa de St de Rosa de Huacaria
Foi unha experiencia vital única, coñecemos a Alberto, o guía espiritual da comunidade que amosounos o seu horto medicinal, bañámonos no rio e compartímolo dia ca sua muller Norma e os seus cinco fillos.
Fíxolle unha curación a Javier con plantas, que estaba un pouco enfermo da barriga.
Alberto, o cazador da comunidade ensinou ós Toscano, ós López, e ós Rodríguez a disparar un arco.
A selva e tal coma tiñamos esperado, espectacularmente frondosa e tórrida como o trópico que é.
Só temos que contar que as habitacións nas que durmimos non teñen ventás e só mosquiteiras.Temos un galo que nos esperta ás tres da mañá.
un saúdo e seguiremos informándovos.
Idevos preparando non pararemos ata convencervos de ir ata aquí.
Maña toca unha travesía polo rio, para ver unha colca de guacamaios e unhas pozas de auga quente.

2 comentarios:

Nandiño dijo...

Pois xenial!!! temos envexa da vosa viaxe e quen sabe se un ano destes decidímonos a cruza-lo charco. De momento as familias Rodríguez-Álvarez e González-Martín chegamos da nosa xira gabacha cansos e ledos, e coa sensación de que París sempre vale unha viaxe.

O que vos fala xa está a preparar unha ruta para un fin de semana de setembro pola beira das Rías de Pontevedra e Aldán para non nos arredar aínda dos arumes salgados e de paso para poñernos en forma cara a longa e prometedora tempada invernal. Informareivos puntualmente en vindeiras xornadas.
Bicazos

Anónimo dijo...

very nice! hahahahaha