lunes, 5 de septiembre de 2011

Roteiro pola Costa da Morte: Etapa 1 Neaño-Corme



19-agosto-2011. A primeira etapa parte do Km 0 en Neaño. Saimos contra as 10 da mañá cara a Ponteceso pola estrada AC 430. Este tramo duns 2 km faise pola beirarrúa e imos contamplando a man esquerda o esteiro do Anllóns, coa súa imponente frecha dunar, lugar de importancia comunitaria (LIC). Ao chegar a entrada de Ponteceso, sobre a ponte do río Anllóns xiramos pola beira dereita do río onde a casa natal de Eduardo Pondal. Fixemos unhas fotos e proseguimos por un sendeiro sinalizado pola beira do río rodeando o esteiro ata acadar as primeiras dunas. Atravesamos o complexo dunar deixando a esquerda illa dos Cagallóns e gabeamos un pouco pola aba do mente para ter unha boa vista do esteiro e a barra de area, a quí chamada praia de Enmedio.
Dende aquí despois dunha pequena parada seguimos, xirando á dereita e bordeando o litoral ata a praia de Balarés. Deixamos á esquerda o illote A Tiñosa e temos a primeira gran vista da Ría de Corme e Laxe coas suas pequenas calas desertas a pesares do magnífico tempo. Chegamos a Balarés e facemos outra pequena parada no piñeiral xa que o chiringo estaba pechado. Como a uns 200 metros subiendo pola estrada que baixa á praia tomamos un sendeiro á esquerda que sube en forte pendente polo monte. Seguimos bordeando o litoral aínda que un pouco máis arredados da primeira liña de costa. Este camiño ancho sinxelo vainos levar directamente á aldea de Gondomil, onde se atopa o cébre cruceiro da Pedra da Serpe que fotografamos convintemente. De aquí baixamos cara a praia da Ermida onde despois duns metros pola senda de madeira deixamos, sen baixar ao areal para xirar a dereita e atravesar o monte que separa esta praia da vila de Corme. Aquí nos damos un baño na praia de Osmo (a auga conxelada) e seguimos por unha senda litoral ata o Porto de Corme onde finaliza a ruta.
En corme paramos despois de comer no Bar Lista onde coñecemos a este personaxe do que xa vos falei http://susolista.blogspot.com/
O seu irmán deixounos a tarde en Ponteceso onde dimos unha volta, nos tomamos unhas birras e regresamos camiñando cara o hotel. Finalmente foron uns 14 km, ruta sinxela de vistas espectaculares e algo menos de 3 horas de caminata.