domingo, 19 de diciembre de 2010

1º ENCONTRO DE FUTBITO "NADAL 2010"

EQUIPO AZUL - 3
EQUIPO VERMELLO - 2
Ás veces senta ben iso de botarse unhas carreiras e lembrar un tempo "non lonxano" no que as maniotas eran totalmente descoñecidas para deportistas de "élite" coma nós.
Agora os rigores dos corenta, e cincuenta, fan que acontezan cousas impensables daquela.

OS PALMEIRÁNS XOGAMOS UN PARTIDIÑO nas pistas do Colexio Balaídos.

Das 12 estrelas futbolísticas convocadas xogaron 10, pois dúas das "gold star" que máis expectativas crearan nos días previos ao encontro... "racharon no quentamento".

Un, NANDO, sofreu un pinchazo no xeonllo logo de facer un pequeno xiro cando o colexiado ía pitar o comezo do partido.

A outra estrela, sofreu unha contractura no xemelgo que o relegou ao "cronómetro e o chifro". Arbitrou: CARLOS.

O equipo AZUL (Jose, Juan, José Luis, Rafaé, Javier Blanco e Carlos) impúxose ao equipo VERMELLO (Antonio, Moncho, Celso, Rafa, Javier e Nando) por 3-2.
Os goles dos AZUIS: Javier Blanco, Juan e Jose.
Os dous goles VERMELLOS foron de Moncho que se converteu no "pichichi" deste encontro.

Aquí o tedes, hidratándose logo de tal esforzo:

DE SEGUIDO PODEDES VER ALGUNHA DAS IMAXES DO ENCONTRO: