miércoles, 30 de julio de 2008

Días de viaxes...

Moi ben, aínda que non teño moitas máis fotografías que xuntar as xa enviadas e visto a miña incapacidade temporal para adicarme as prácticas sendeiristas ata que o meu xeonllo recupere a súa impresionante musculatura habitual, propóñovos colgar, a volta das vacacións, un "caderno de bitácora" das viaxes que ben sei que moitos de vós (e de nós) imos facer ou estamos facendo xa. Así que coma eu non son moi dado ao deseño de páxinas webs, pídolle aos expertos Adela e Jose Luís que deseñen un modelo de páxina para poder vocar os relatorios das nosas andanzas polo mundo adiante.
A nós (familias Rodríguez-Álvarez e González-Martín) fáltanos apenas 3 días escasos para partir a Terras Gabachas. A volta daremos cumprida nota dos acontecementos, de seguro extraordinarios, que nos irán acontecer.
Bicos + azos para todos e todas ( tamén para os de máis alá do Charco). À bientôt
O Nando

lunes, 7 de julio de 2008

REMATAN AS “ROTAS PALMEIRANAS 07-08”

A noite de San Xoán os palmeiráns e as palmeiranas despedímonos entre sardiña, pan de millo, empanada, cantiga e gaiteirada; deica o mes de setembro no que comezaremos unha nova tempada.
Como mostra colgamos unhas cantas fotos do evento. Perdoade que non saiamos tod@s pero o fotógrafo tras beber e comer, adicouse ao cancioneiro.
Lembrades: As rotas comezaron no Magosto 07 de Barciademera (véxanse fotos) e despois fumos a Palencia (cólguense fotos, porfi).
E despois...e despois...tivemos que “ amamantar”, tamén en fin de semana e algunha ponte: actividades para aquí, actividades para alá, torneos multideporte, bailes, audicións, día de tal, día de cual, exames dos sextos e os esos, etc.
Os palmeiran@s cativos xa non son tan pequechos e teñen axendas moi apretadas, nonsi?
Ai, meus velliños palmeiran@s!
Como non espabilemos imos ser "tribo de cús sentados en tribuna", nós que eramos a envexa viguesa dos sendeiristas (ejem!!!) con ese estilo, esa forza…Sempre pensando: PODEMOS!!
Bueno, en fins, a ver se para o ano retomamos esas saídas de xornada única tan relaxantes.
Bicazos e BO VERÁN!!

Eurocopa








Algúns palmeiráns e algunhas palmeiranas convencemos a Máximo (e Pilar!) para que abrise a súa cafetería “Bo Catar” e daquela poder vibrar vendo a final de fútbol España-Alemaña. O cal agradecemos de certo.
As fotos de Celso e Teté amosan o vibrante que resultou o choque futbolístico vermellón no que gañou España. Sábese que houbo quen saíron a celebralo polas rúas olívicas.
Olé, polos palmeiran@s!
Non viría mal botar contas en meses, pois estes eventos xa non é a primeira vez que poden deparar calquera cousa. Un está alegre e unha está alegre, e dous están alegres e entón… xa que estamos alegres…pois: viva la alegría!! E… a criar!!!