lunes, 8 de agosto de 2011

Costa da Morte



Preparámonos para facer realidade un vello desexo confesable. Percorrer a Costa da Morte a pé se cadra fuxíndo de nos mesmos ou ben na nosa procura. Este pedazo de terra que representa unha parte do ser galego que está a desaparecer como xa aconteceu noutras partes da nosa costa baixo a mole granítica da especulación. Entre Corme e Muxía, rematando na cabaleira pedra de abalar, tentaremos de deixar a pegada dos Palmeiráns polos cantís do malfadado Serpent, polas abas do faro onde o sol morría e sobreviven os derradeiros araos galegos. Seguiremos informando

No hay comentarios: