viernes, 22 de abril de 2011

21 de abril Costa da Morte






Onte, xoves 21 de abril, unha pequena pero selecta representación dos Palmeiráns, albiscando unha tregua no mal tempo, visitaron a Costa da Morte. Saímos de Vigo Alebrto e Ajo con Marta e Andrea, Antonio e Esther con Pablo e Antía e Yuyi e Nando con Martín e Irene. A primeira parada foi a vila mariñeira de Camelle, famosa polos numerosos naufraxios acontecidos ao longo da súa historia, a figura de Manfred, o "alemán de Camelle", os percebes.... Situada a medio camiño entre a enseada do trece e a praia de Traba, esta última foi a elixida para facer unha pequena caminata de dúas horas, ida e volta, bordeando a espectacular costa. A praia de Traba de máis de 2,5 quilómetros de longo amosounos un fermoso aspecto coa forte ondaxe. De regreso a Camelle, apurados por unha traizoeira treboada, que nos fixo apurar o paso, repuxemos forzas nun bar no porto, cuxa comida non merece máis comentario. De aquí fomos a Camariñas co desexo de ver a famosa Mostra do Encaixe pero vendo que a entrada a tal era bastante cara saímos dar dun paseo pola vila e logo rumbo a Muxía e o seu famoso santuario da Virxe da Barca. Para moitos do grupo era a primeira vez que visitaban o lugar famoso pola súa pedra de abalar que, dito sexa de paso, tentamos abalar con máis ilusión que resultado. De todos modos tivemos sorte co tempo e o atardecer dende o santuario pagou a pena. Tamén aproveitamos para pasar por baixo da Pedra dos Cadrís, hai que salientar que con bastante donaire. Xa pensamos nunha travesía pola Costa da Morte este verán a ver se alguén se anima.

2 comentarios:

Rafa.gal dijo...

Tanto como...selecta!!! iso sería se fose eu.
En fin, aledámonos de que o pasarades moi ben.Nós non puidemos ir por razóns "familiares meixoeiras".
Non sei se vos subiriades á verdadeira pedra de abalar pois cando estiven eu aló, hai anos, xa estaba fendida e estragada. A ver se estivestes enriba doutra, a que é coñecida como a dos "malos agoiros e sorte quebrada". Olliño!!!!!
Ben, veña, era unha broma... o de que estaba rota, si; o da existencia da outra é unha invención.
Apertas.

Nandiño dijo...

Pois selecta e ben selecta, como a cervexa. Verás amigo Rafa, a Pedra de Abalar está efectivamente rota por un dos extremos pero aparafusada e pegada. O problema é que xa non hai xeito de abalala en condicións a pesares que que intentar intentámolo. Botouse de menos a vosa estadía. Preparamos xa a seguinte. Biocs + azos