
Definitivamente o domingo imos a Chan de Anduriña e Coto de Eira en Fornelos-Ventín. Creo que o aniversario o merece. É unha zona realmente chula de media montaña.
A ruta podémola facer circular. O percorrido é de dificultade baixa, de subida e baixada suaves. O tempo aproximado contando paradas e desvíos podería ser dunhas 3:30 horas. Aconsello a subida á Coto Eira que é o monte máis alto e ten unha vista impresionante e a parada no Chan de anduriña e outra no foxo do lobo, un dos dous únicos duplos da Península Ibérica.
Levamos bocatas. Imprescindible botas de monte ou calzado similar e gorros tamén porque parece que fará sol e a meirande parte da ruta está a pleno sol.
F.
4 comentarios:
Eu fixen esa ruta o pasado domingo nun acto de reinvindicación e defensa dun espazo incrible onde está proxectado facer unha canteira se non o remediamos. Animo aos palmeiranos e palmeiranas á vosa contribución a sensibilizar sobre a desfeita do medio natural galego. Saúdos e seguide así
Marco
Moita ruta e ben feita. Parabéns os que a van facer. Os lesionados, de natureza muscular, causamos baixa nesta ocasión. Por certo, levar gepeese, non vai a ser o caso.
Excelente ruta, divertida, preciosa, os rapaces o pasaron xenial a pesares das dificultades nalgún treio (ou quizais precisamente por iso). Quedounos pendente a subida a Coto Eira pero volveremos, a ver se pode ser máis.
Bicos
Onde estan os toxos e a silvas.
Un perdido
Publicar un comentario