
O pasado domingo parte dos Palmeiran@s fixemos a ruta do Sabugueiro polas abas de Rebordelo en Carballedo (Cotobade). O día acompañou, estivo morno e a ruta, un pouco curta xa para estes experimentados camiñantes, foi variada. Comezamos ao pé da praia fluvial de Carballedo no Almofrei e gabeamos por una corredoira humida e ben fermosa inzada de loureiros reais, carballos, castiñeiros, silvardeiras, acivros e fentos. Xa iamos ben provistos de bolsas para recoller unha fartura de castañas.
Logo pasamos a un ambiente máis rural con abondosas casonas señoriais de

pedra, moitas abondonadas, que nos deixaron asombrados pola súa beleza. Seguimos subindo cara ao monte pasando ermitas e cultivos e descendemos por estrada ata o eido da igresa de San Martiño donde deixamos constancia da nosa presenza coa imaxe que ahí arriba nos deixa Esther. De volta (fíxose curta a andaina) paramos a comer na discutible praia fluvial de Pozo Negro as beiras do Almofrei (co fermoso que é o río...), unhas cerveciñas, comida frugal na área recreativa, e para os nosos sempre valentes rapaces, baños nas (imaxino que xélidas) augas do río. Misión cumplida. Xa aventa a que está a organizar Adela por terras Lucenses....Ayyyy!!!

Bicos
No hay comentarios:
Publicar un comentario