domingo, 19 de diciembre de 2010

1º ENCONTRO DE FUTBITO "NADAL 2010"

EQUIPO AZUL - 3
EQUIPO VERMELLO - 2
Ás veces senta ben iso de botarse unhas carreiras e lembrar un tempo "non lonxano" no que as maniotas eran totalmente descoñecidas para deportistas de "élite" coma nós.
Agora os rigores dos corenta, e cincuenta, fan que acontezan cousas impensables daquela.

OS PALMEIRÁNS XOGAMOS UN PARTIDIÑO nas pistas do Colexio Balaídos.

Das 12 estrelas futbolísticas convocadas xogaron 10, pois dúas das "gold star" que máis expectativas crearan nos días previos ao encontro... "racharon no quentamento".

Un, NANDO, sofreu un pinchazo no xeonllo logo de facer un pequeno xiro cando o colexiado ía pitar o comezo do partido.

A outra estrela, sofreu unha contractura no xemelgo que o relegou ao "cronómetro e o chifro". Arbitrou: CARLOS.

O equipo AZUL (Jose, Juan, José Luis, Rafaé, Javier Blanco e Carlos) impúxose ao equipo VERMELLO (Antonio, Moncho, Celso, Rafa, Javier e Nando) por 3-2.
Os goles dos AZUIS: Javier Blanco, Juan e Jose.
Os dous goles VERMELLOS foron de Moncho que se converteu no "pichichi" deste encontro.

Aquí o tedes, hidratándose logo de tal esforzo:

DE SEGUIDO PODEDES VER ALGUNHA DAS IMAXES DO ENCONTRO:


viernes, 8 de octubre de 2010

O HIO-DONÓN-CABO D´HOME, Roteiro pola Costa da Vela


Ola a tod@s,
estamos organizando a 1ª saída do ano se o tempo acompaña. Aínda non hai data, espero que podamos facela a finde do 16-17 de outubro, pero gustaría coñecer a vosa opinión e disponibilidade. A ruta promete boas vistas, paisaxes espectaculares e algunha sorpresa. Seguiremos informando
Bico + azos

martes, 21 de septiembre de 2010

Outubro Fest en Pontevedra

Como non só de paseillos vive o home (e a muller) e, a petición de John Tuscani, de dinamizar este blog máis aló das nosas (cada vez máis escasas) pateadas, infórmovos da celebración da Outubro Fest en Pontevedra. Celebrarase do 28 de outubro ao 1 de Novembro e para comprender o alcance da mesma, a continuación paso o relato-presentación do ano 2009:

¿ Que se ofrece ? Hectolitros de cerveza alemana Paulaner en tres versiones (El nombre de la cervecería tiene sus raíces en la Orden de los Mínimos (Paulaner Orden en alemán), una orden religiosa fundada por San Francisco de Paula en Neuhauser Straße, Múnich en el S. XVI. El logo actual de las cervezas Paulaner muestra un retrato del santo),codillos, salchichas y chucrut (del francés choucroute y este del alemán Sauerkraut, "col agria", a través del alsaciano sürkrüt, en polaco kiszona kapusta).Menú no apto para anoréxicos.
¿ Que Horario? : De 11.30 de la mañana hasta las 24 horas. Non stop.
¿ Donde ?. Cojones. No me hacéis caso. Na Praza do Teucro.Pontevedra.
¿ Quien la Organiza?. El flamante Pontevedra Rugby Club.
¿ Se pasa lista? Si.
¿ Es cierto que todo esto se profetizó en un Blog? Cierto.THE ANGLOGALICIAN CUP: Oktoberfest Na Galiza del día 25 de Septiembre de 2008."
(Asina Fran)

martes, 14 de septiembre de 2010

Buceada na Ría de Vigo



Fago esta reseña para lembrar a visita de Belén, María e Paloma o pasado mes de agosto nunha buceada na Ría de Vigo. Inclúa algunha fotillo do noso fotosub favorito (Jorge). Tamén observade a miña habilidad para sacar a pasear o barco.
Ir comentando chic@s
Eu

martes, 18 de mayo de 2010

16 de maio Coto de Eira, as imaxes





Velaiquí algunhas instantáneas da fermosa ruta de Cotodeira. Volveremos!!!

sábado, 15 de mayo de 2010

16 de maio a Cotodeira


Definitivamente o domingo imos a Chan de Anduriña e Coto de Eira en Fornelos-Ventín. Creo que o aniversario o merece. É unha zona realmente chula de media montaña.
A ruta podémola facer circular. O percorrido é de dificultade baixa, de subida e baixada suaves. O tempo aproximado contando paradas e desvíos podería ser dunhas 3:30 horas. Aconsello a subida á Coto Eira que é o monte máis alto e ten unha vista impresionante e a parada no Chan de anduriña e outra no foxo do lobo, un dos dous únicos duplos da Península Ibérica.
Levamos bocatas. Imprescindible botas de monte ou calzado similar e gorros tamén porque parece que fará sol e a meirande parte da ruta está a pleno sol.
Pásovos o plano 1:10000 coa ruta completa. Animádevos

F.

martes, 23 de marzo de 2010

Xa se aventan as cerdeiras en flor

Unha boa ocasión para relanzar este esquecido blog rapaces/zas. Escribide, enviade fotos, comentarios, suxerencias, que xa nos canta no papo a nosa próxima incursión cacereña. E que non decaiga rediós!