lunes, 7 de julio de 2008

Eurocopa








Algúns palmeiráns e algunhas palmeiranas convencemos a Máximo (e Pilar!) para que abrise a súa cafetería “Bo Catar” e daquela poder vibrar vendo a final de fútbol España-Alemaña. O cal agradecemos de certo.
As fotos de Celso e Teté amosan o vibrante que resultou o choque futbolístico vermellón no que gañou España. Sábese que houbo quen saíron a celebralo polas rúas olívicas.
Olé, polos palmeiran@s!
Non viría mal botar contas en meses, pois estes eventos xa non é a primeira vez que poden deparar calquera cousa. Un está alegre e unha está alegre, e dous están alegres e entón… xa que estamos alegres…pois: viva la alegría!! E… a criar!!!

domingo, 1 de junio de 2008

O tempo pasa para todos


Aquí temos os nosos fillos nun dos primeiros campus de Baloncesto de O Porriño, o tempo pasa para todos.

Como sabedes, o prazo de inscrición para este ano está aberto ata o 18 de xuño, apuntádevos para recordar vellos tempos.
Información en: http://www.webpbb.com

jueves, 22 de mayo de 2008

Pablo, Miguel e Martín campeóns provinciais


Definitivamente a final do minibáquet masculino, trofeo Diputación de Pontevedra foi gañada polo 6do Nadal fronte ao equipo de Canteiras de Porriño. O equipo dos nosos rapaces, Pablo, Miguel e Martín gañou tanto en Porriño como en Vigo proclamándose vencedor da liga provincial. Un forte abrazo e felicitacións para os nosos xogadores. Agora a final autonómica o vindeiro 1 de xuño.

domingo, 13 de abril de 2008

Nuestros "palmeiráns" triunfan en el minibásquet


Hola a tod@s,
ayer sábado, en el colegio Seis do Nadal se celebró un encuentro de baloncesto entre los, posiblemente, dos mejores equipos alevines de la provincia, el Seis do Nadal y el Canteiras de Porriño. El partido fué emocionante e intenso, con una gran lucha y estupendas canastas. Nuestros "palmeiráns", Miguel, Pablo y Martín estuvieron espléndidos. Al final la lucha se decantó del lado del Seis do Nadal ante un excelente equipo del Canteiras por una diferencia de 7 puntos. Pero lo mejor para algunos de nosotros vino al final, cuando los jugadores de ambos equipos se hicieron juntos una foto de grupo, dando una lección de deportividad.
Felicidades para nuestros chicos.
Nando

viernes, 15 de febrero de 2008


Vexo que isto anda medio parado e como teño moito tempo ultimamente aquí vos deixo un recordo da nosa entrega incondicional ao entroido Mosteirán.
Bicos + azos
Nando

sábado, 5 de enero de 2008

Tal como éramos


Lembrando o famoso título da película de 1973 de Sidney Pollack protagonizada pola simpar Barbra Streisand y el actualmente "reconstruído" Robert Redford, ahí vos deixo un recordo do Nadal do 2003. Non cambiamos tanto ou?

Bicos

Non estamos sos


Noin moito menos. A verdade é que xa pasara esta infornmación a partir dunha resposta a última entrada de Antonio. O motivo desta e dar a coñecer un par de páxinas webs que coido que vos poden interesar, das que podemos aprender un montón e tamén que nos poden dar pistas de como construir a nosa xove páxina web, mesmo no relativo aos obxectivos que pretendemos conseguir con ela.

As direccións son:
http://www.viaauria.com/
pisaleiras.blogspots.com

Un saúdo para tod@s
Nandiño